1/19/2007
12/24/2006
12/03/2006
Qué nivel, Maribel!!
Unha muller contábame o outro día por qué os americanos van corenta anos por diante de nós.
Díxome que xa se vía na cociña da serie "Embruxada" que tiña unha con tantos adiantos que ainda a estas alturas sería difícil topala en España. Todo era automático e non porque lle dera co nariz.
A serie esa é dos anos sesenta do século pasado.
E que era certo o que se vía nas películas, eso de que todo o mundo ten carro e sempre hai aparcadoiro.
Preguntéille si pensaba que eso era real.
Dixo que si convencidisima.
A muller en cuestión é profesora.
Logo queixamónos do nivel dos rapaces!! |

11/06/2006
10/26/2006
Os pés
Hoxe na aula, un neno de cinco anos díxome que ten os pés exipcios, descalzóuse e explicóunos a teoría que lle contara seu irmán adolescente.Que poden ser exipcios ou gregos según sexa de longo o segundo dedo.
Descalzámonos todos para saber que tipo de pé tíñamos.
A maioría eran gregos. O segundo era mais longo co dedo gordo.
Aproveitando a anécdota fixemos un feixe de actividades toda a mañá e pasoúsenos voando.
E falando de pés, que boa a película "Hasta donde los pies me lleven".
É para vela. |
10/17/2006
Medo me da
Dende hai dous días que teño unha ansiedade que non consigo superar.
Neste tempo non pasou nada na miña vida con entidade para que ocurra.
Ou si?
Una rapaza de catorce anos díxome que a sua meta na vida era ser como Paris Hilton.
Non fixen ningún comentario. Non me atrevín.
Tiven medo de non poder controlar a taquicardia. |

10/11/2006
La vie en rose
Lín por ahi que un día como hoxe morría Edith Piaf. Unha das grandes.
A súa vida é un bó guión de película.
A súa canción mais famosa e mega versionada é "la vie en rose".
E falando de versions, escoito a de Madeleine Peyroux do seu álbum "Dreamland" e destinada tamén a ser outra das grandes.
Senon escoitade o seu último traballo "Half the perfect world". |