"Si. Sei que hai xente que non entende o blues si non está cantado en inglés, pero si o blues é un sentimento, un estado de ánimo, un berro de desesperación, ¿qué mellor que a tua lingua para expresar todo isto?. Ademais, está claro que non é o mesmo nacer en Galicia que nacer en Chicago. Polo tanto, a forma de entender o blues tampouco pode ser a mesma ainda que o concepto sí o sexa. Se a isto lle engadimos a forma de ser do galego... O galego ten moito de blues: o tempo, a tristura, a brétema, iso que por aqui lle chaman morriña e que non é outra cousa que o aguardente do blues galego. Por outro lado está o idioma, xa que o galego é moi ritmico".
Para os que disfruten co blues, co bo blues galego..
Victor Aneiros.
Como dín por ahí, para puristas do feeling.. :))
|
<< Home