--> Buff... que agobio de vida! Buff... que agobio de vida!

10/22/2004

O primeiro semáforo do día

Estou convencida de que os semáforos foron inventados, non para regular o tráfico, se non para poñernos en evidéncia. Retarnos. E o peor é o primeiro do dia.
Sobretodo polas mañás cando vas controlando cada segundo para non chegar tarde ó traballo.
Chegas á beirarrúa e encaras, para subir a moral, ó semáforo que sempre está en vermello.
O mais tardón da cidade en cambiar.
Vaise xuntando xente nunha aceira e na outra. Como dous bandos. Os que están en primeira fila colócanse como para cubrir os cen metros lisos esperando o disparo de saída, pi.. pi.. pi..
Fíxome na xente e misturanse rostros ainda con pixama, alguns mesmo coas marcas das sábanas na cara, pelos mollados, vestimentas sen engurrar ainda, cheiros de colónias,xabóns, muecas de desgana, rutina, adolescentes rindose. Seguen pasando os carros. Tamén levan présa.
E acontece. A xente dunha e outra aceira, ollando todos ao mesmo tempo para un lado, para o outro, como nun partido de ténis, saen disparados a cruzar.
Pois non.
Eu decido esperar a que se poña en verde. Ven alguén correndo que quere cruzar pero mírame e ve a miña cara decidida a esperar. Frenase e espera comigo. O semáforo segue á sua bola sen mudarse e vexo enfrente a alguén que tamén se quedou. Mirámonos convencéndonos de que estamos a dar unha proba de educación vial. Sí, claro. Pero entón por qué me sinto parva mentres sigo esperando a que se poña en verde?
Por fín cambia. A polo seguinte.
|