--> Buff... que agobio de vida! Buff... que agobio de vida!

3/08/2005

A era google

Seica estamos na era google, os nenos google, a mocedade google, os modernos reenganchados google e mesmo a terceira idade google.
Todo o mundo (ou case) ten a información (dixital de un dedo, dous ou máis.. con sorte) ó alcance da tecla.
Os nenos xa non xogan con outros. Xa lles chega cos Sims. Os adolescentes saen do instituto e vanse correndo pra casa porque quedaron no chat con fulanita e menganito. Os "modernos" poñenlle os cornos á costela cos ligues internautas e a terceira idade procura non sentirse tan soa.
Unha ledicia isto da tecnoloxía.
Antes os nenos viñan con un pan debaixo do brazo. Agora veñen cun móbil.
Se teñen fame só necesitan mandar un sms ó 0101 con MAMA espacio O COLACAO.
E aquelo de cantarlles para dormir quedou nun rito ancestral. Agora tono, politono, sonitono e a dormir con "Paquito el chocolatero".
Cada vez que escoito o dos tonos, lémbrome da frase aquela.. " eres mais marulo que bailar a música do telexornal".. Pois isto igual.
Incluso as parellas rompen con un sms.. "Ola.K kero star soio 1 time.K eso!K krtamos.Necesito atoparme konmigo mesmo.X a glovalización.Xa saves.Ta sempre".
Non me gusta.
Seméllame cutre e chouriceiro. Como dí o Buenafuente "Non queda ben homiño".
Sei que antigamente facíase coas cartas. Pero creo que non era o mesmo. Escritas de puño e letra eran polo menos máis persoales.
Pode ser que teña unha imaxen de película idealizada. Xa non hai glamour nin cos carteiros.
Só che meten no buzón cartas dos bancos e sempre pra decirche que non che queda nin unha cadela na conta.
Cando abres o sobre de xaneliña (que cho facturan como si a xanela fose de aluminio lacado) nin te atreves a respirar.
Xa non hai romanticismo.
Ten razón unha amiga miña.. "Yo ya no me muevo de casa si no es para el lujo o el glamour".
Lémbrome dunha canción que se canta en algunha desas reunions familiares que facemos de vez en cando e da que un día elaboramos toda unha tesis porque hai unha versión (que non atopo) na que ela (Ufemia) lle contestaba e ó final o que pasara era que o carteiro quedabase coas suas cartas. Enton si que "o carteiro chamaba sempre duas veces". :))

"Carta a Eufemia"
Cuando recibas esta carta sin razón
Uuuuuuuuufemia
ya sabrás que entre nosotros todo terminó
y no le des en 'recebida' por traición
Uuuuuuuuuufemia
te devuelvo tu palabra
te la vuelvo sin usarla
y que conste en esta carta
que acabamos de un jalón

No me escrebites (iiiites)
y mis cartas anteriores no se si
las recevites (iiiites)
tú me olvidates
y mataron mis amores
el silencio que les dites

A ver si a esta si le das contestación
Euuuuuuuuuufemia
del amor pa´ qué te escribo
y aquí queda como amigo
tu afectísimo y atento y muy
seguro servidor
|