--> Buff... que agobio de vida! Buff... que agobio de vida!

5/19/2005

Satisfaction

Falta pouco para que saia un novo disco con cancions novas dos Rolling Stones. Iso quere decir que empeza unha nova xira dos "abueletes" e que mais ou menos por estas datas (ou un pouco mais), o ano vindeiro andarán por estos nosos mundos.
Alí estarei pra velos (Keith Richards.. ai..) e disfrutalos (gustaríame tamén velos fora de España, Oporto e algún máis) e xa non porque soe a tan traida frase de si será a derradeira xira (fai tempo que estou convencida de que entre todo o que se meteron na vea, iba tamén o famoso "elixir") senon porque cada posta en escea que montan é a definición total e literal da palabra "ESPECTACULO". O maior.
É o mesmo que non vos gusten. Hai que ir na vida polo menos a un concerto. Cando saen ó escenario da unha sensación de vértigo (que debe ser a mesma que cando te absorve un remoiño na auga) e te arrastra hasta o máis fondo da música, do rock.
Xusto un dos derradeiros libros que me regalaron é dos Rolling. Un dos agasallos que mais disfrutei.
Fun feliz leéndoo. E por riba de todo, agradecida.
Non pensedes que é unha esaxeración. Foi asi.
Quen mo regalou, non facía moito que me dixera que si desaparecera non se notaría.
Cando mo dixo sentóume fatal.
Primeiro polo que significa chegar a decir unha frase asi e segundo porque estaba pensando que eu (e moita xente mais pero cada un pensa no seu) si o notaría. Moito. Moitisimo. Bo, son incapaz de plantexarmo.
Sentóume ben o regalo e mellor ainda tirar a sua afirmación por terra. :))

(Bicos...)
|