--> Buff... que agobio de vida! Buff... que agobio de vida!

9/12/2006

Gorrillas


Nesta cidade hai varias zonas que están debidamente "explotadas" polos "gorrillas". E digo explotadas porque xa está convertido nun verdadeiro negocio.
As zonas de aparcadoiro por donde eles andan son utilizadas como parcelas privadas co seu correspondiente caixeiro. E está tan xeneralizado o asunto que hai xente que hasta lles deixa as chaves do coche para que llo aparquen.
O concello fai o tolo e mira para outro lado.
O colmo é que se alugan os dereitos de explotación destes espacios por horas a outros "gorrillas". O "titular" da zona deixa que outros esten alí, unha hora, dúas (depende do que paguen) facendo caixa.
E ainda vou mais lonxe!
Seica hasta hai traspasos para facerse coa explotación das zonas.
E qué precios!
Si esto sigue asi pido que se declaren como autónomos e paguen impostos! :))
Falando de todo esto me ven á cabeza a boísima pero pouco publicitada película" "15 días contigo".
O mundo "gorrilla" e mais cousas en estado puro.
|